esperpento
-
s
m
Persoa, dito ou cousa ridícula, absurda ou grotesca.
-
s
m
[ESPECT]
Xénero dramático proposto e desenvolvido por Ramón María del Valle-Inclán que propugna unha lectura crítica da realidade, como se se realizase a través de espellos cóncavos e convexos, feito que contribúe a deformala e distorsionala. Ofrece unha visión degradada, grotesca e sumamente irónica da mesma, que xa prefigura o que vai ser o teatro do absurdo ou o teatro da crueldade. Por medio deste procedemento, Valle-Inclán tentou reflectir a realidade social e sociocultural da España de finais do s XIX e principios do s XX e mostrar a decadencia ética e moral das súas xentes. Creou unha tipoloxía de xenios e figuras que compoñen unha estampa da vida cotiá en Madrid. Entre as pezas que mellor exemplifican a teoría e a práctica do esperpento figuran Luces de bohemia (1920), Los cuernos de don Friolera (1921), Las galas del difunto (1926) e La hija del capitán (1927), as tres últimas publicadas polo propio autor nun volume titulado Martes de carnaval (1930).