Esperpento, Teatro Joven

Esperpento, Teatro Joven
[ESPECT]

Grupo de teatro independente creado en Vigo en 1969. Realizou numerosos espectáculos, entre os que destacan Milagro en el mercado viejo e Historias para ser contadas, de Osvaldo Dragún; Historias del zoo, de Edward Albee; Burul, de Italo Ricardi; La orgía, de Enrique Buenaventura; El vendedor, de Xosé Antonio Perozo; El vendedor del pez, de Miguel Cobaleda e La taberna y las tinajas, de José María Rodríguez Méndez. Con algúns destes títulos realizaron durante algún tempo unhas campañas denominadas mesón teatro, que se realizaban todos os sábados no Mesón Pepe, como resposta ao café teatro, de tipo máis comercial. En 1972 e 1973 organizaron as I e II Jornadas de Teatro de Vigo, respectivamente, e promoveron a organización das III Jornadas de Teatro de Vigo en 1973. Estes eventos supuxeron a presenza en Vigo de importantes compañías nacionais como Els Comediants, o TEI de Madrid ou a Compañía de Danza Contemporánea Anexa de Donostia. Tamén reuniu a destacados estudiosos e profesionais do teatro español contemporáneo como Ricard Salvat, José Monleón, Gonzalo Pérez de Olaguer, Manuel Lourenzo, Juan Diego, Lauro Olmo ou Moisés Pérez Coterillo. En 1974, os seus directores, Dorotea Bárcena e Xulio Lago, iniciaron a profesionalización do grupo e trasladaron a residencia a Madrid, momento en que cambiaron o nome do grupo polo de La Picota.

Palabras veciñas

esperpéntico -ca | esperpento | Esperpento | Esperpento, Teatro Joven | Espert Romero, Nuria | espertador -ra | 1 espertar