Espido, casa grande do

Espido, casa grande do

ou casa das Pegas Construción situada en Sandiás, erixida no s XVIII. A planta adopta a forma de escuadro ao estar formada por dous corpos de dúas alturas. Conserva unha escaleira exterior de pedra cara ao patio e unha capela exenta dedicada a santa María Madanela. Na porta de entrada conserva brasóns alusivos, entre outros, aos Armada, Araúxo, Puga e Salgado.

Palabras veciñas

espiciforme | espícula | espido -da | Espido, casa grande do | Espiel | espiga | espigado -da