espiga
(< lat spica)
-
[BOT]
-
s
f
Inflorescencia, e logo infrutescencia, de flores sésiles dispostas en acios simples, como por exemplo a dos cereais.
-
espiga composta
Espiga en que en lugar de flores ten espigas de segunda orde, como a dalgunhas poáceas.
-
espiga raíña/do rei
Espiga de millo que ten os grans encarnados.
-
s
f
-
s
f
-
Extremo ou parte saínte dun obxecto, normalmente alongado e máis rebaixado ca o resto, que encaixa noutro.
Sinónimos: espigo. -
Parte da ferramenta que se introduce nun mango.
Sinónimos: espigo. -
Parte do eixe do carro que se introduce na roda.
Sinónimos: espigo. -
Parte máis estreita do cabezallo do carro.
Sinónimos: espigo. -
Parte máis estreita do chanzo dunha escaleira de caracol pola que se une ao eixe da mesma.
-
-
s
f
Labor que se fai nalgúns sollados cando se colocan as ringleiras en dirección ás diagonais do local.
-
s
f
[PESCA]
Aparello de pesca empregado na captura do polbo que consiste nunha espiga de millo amarrada a un cordel e que se arrastra polo fondo do mar, ben coa embarcación en movemento ou parada. Ás veces pode levar amarrado á espiga outro cordel fino ou brazolada cun ou dous anzois co fin de enganchar algún peixe durante o proceso de arrastre.
Frases feitas
-
Esas espigas non van para o meu canastro. Non estar de acordo ou non ter nada que ver co que se fala.
-
Non está a espiga na man. Aínda non se acadou o que se desexaba.