espigo

espigo

(< espiga)

  1. s m

    Espiga baleira ou con pouco gran.

    Sinónimos: espigallo, espigoto.
  2. s m

    Gromo que bota unha verdura despois de cortarlle a cabeza.

    1. Extremo ou parte saínte dun obxecto, normalmente alongado e máis rebaixado có resto, que encaixa noutro.

      Sinónimos: espiga.
    2. Cousa afiada que xeralmente leva rosca.

    3. Parte da ferramenta que se introduce nun mango.

      Sinónimos: espiga.
    4. Parte do eixe do carro que se introduce na roda.

      Sinónimos: espiga.
    5. Parte máis estreita do cabezallo do carro.

      Sinónimos: espiga.
    6. s m

      Peza que forma parte da rabela do arado ou do temón da grade.

  3. s m

    Anaco de pel que se levanta ao lado das uñas dos dedos.

  4. s m

    Parede triangular que sostén o tellado dunha casa a dúas augas.

Palabras veciñas

espigallo | espigar | espigarzo -za | espigo | espigón | espigoto | espilita