espiga

espiga

(< lat spica)

  1. [BOT]
    1. s f

      Inflorescencia, e logo infrutescencia, de flores sésiles dispostas en acios simples, como por exemplo a dos cereais.

    2. espiga composta

      Espiga en que en lugar de flores ten espigas de segunda orde, como a dalgunhas poáceas.

    3. espiga raíña/do rei

      Espiga de millo que ten os grans encarnados.

  2. s f
    1. Extremo ou parte saínte dun obxecto, normalmente alongado e máis rebaixado ca o resto, que encaixa noutro.

      Sinónimos: espigo.
    2. Parte da ferramenta que se introduce nun mango.

      Sinónimos: espigo.
    3. Parte do eixe do carro que se introduce na roda.

      Sinónimos: espigo.
    4. Parte máis estreita do cabezallo do carro.

      Sinónimos: espigo.
    5. Parte máis estreita do chanzo dunha escaleira de caracol pola que se une ao eixe da mesma.

  3. s f

    Labor que se fai nalgúns sollados cando se colocan as ringleiras en dirección ás diagonais do local.

  4. s f [PESCA]

    Aparello de pesca empregado na captura do polbo que consiste nunha espiga de millo amarrada a un cordel e que se arrastra polo fondo do mar, ben coa embarcación en movemento ou parada. Ás veces pode levar amarrado á espiga outro cordel fino ou brazolada cun ou dous anzois co fin de enganchar algún peixe durante o proceso de arrastre.

Frases feitas

  • Esas espigas non van para o meu canastro. Non estar de acordo ou non ter nada que ver co que se fala.

  • Non está a espiga na man. Aínda non se acadou o que se desexaba.

Palabras veciñas

espido -da | Espido, casa grande do | Espiel | espiga | espigado -da | espigallo | espigar