Espiel
Espiel
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado na marxe esquerda do río Guadiato (2.500 h [1996]). A gandería ovina e a agricultura son os seus principais recursos económicos. Tamén son importantes os xacementos de carbón, principal fonte enerxética da central térmica que se localiza no termo municipal.