Espino, Adolfo Gregorio

Espino, Adolfo Gregorio

Político e perito agrícola. Foi director (1915) do periódico La Noche. De tendencia conservadora e simpatizante do maurismo, foi membro da Liga de Defensores de Vigo e destacou no movemento antiforista; participou na VII Asemblea Agraria da Coruña (1919), na que defendeu, xunto con Amado Garra, un relatorio sobre redención foral. En 1923 presentouse ás eleccións a Cortes pero non puido conseguir a súa acta de deputado ao ser derrotado por Rafael Gasset Chinchilla. Foi alcalde de Vigo durante a Ditadura de Primo de Rivera (5.12.1923-18.1.1927). Como rexedor municipal conseguiu a cesión de Fernando Quiñones de León, marqués de Alcedo, do Parque e do Pazo de Castrelos para a cidade, a cambio de obter para este o título de Grande de España.