Espira, dieta de

Espira, dieta de
[HIST]

Nome que recibiron as dietas celebradas na cidade alemá de Espira. A primeira, convocada por Carlos V en 1526, decidiu que trala celebración dun concilio cada principado podía comportarse en conciencia ante Deus e o emperador, e que a relixión do propio territorio quedaba a libre disposición de cada señor. A segunda, celebrada entre marzo e abril de 1529, decidiu que o Edito de Worms tiña validez, abrogou a dieta anterior e prohibiu a propaganda luterana nos land católicos. A terceira, celebrada en 1544, concedeu a secularización dos bens eclesiásticos.

Palabras veciñas

espir | espira | Espira | Espira, dieta de | espiráculo | espiral | Espiral