espiramicina
espiramicina
s
f
[MICROB]
Antibiótico de acción bacteriostática que se obtén de cultivos de Streptomyces ambofaciens, illado en 1954. Está constituído por tres fraccións con actividade antibacteriana, a espiramicina I, II e III. Moi semellante á eritromicina, adminístrase por vía oral. Ten unha duración media no corpo de 5,5 horas. Úsase principalmente para a profilaxe de toxoplasmose.