espiritismo

espiritismo

(

s m

Doutrina que se basea na crenza da existencia e manifestación dos espíritos, segundo a que, o home está constituído por tres elementos principais: a alma, inmaterial e inmortal, o corpo físico, elemento material, e o periespírito, co que se une a alma despois da morte; e que se pode comunicar cos espíritos da zona terrestre a través dun médium. O espiritismo representa unha forma actualizada da antiga práctica da evocación dos mortos. O movemento naceu en 1848 en Hydesville (Nova York), na casa da familia Fox, de relixión metodista, ao pórse en contacto cos fillos da casa, Margaret e Katie, o espírito dun morto que fora enterrado na adega polo seu asasino, o antigo inquilino. Favorecido polas cerimonias cuáqueras, non tardou en estenderse polo resto dos EE UU. No ano 1852, unha misión de médiums percorreu Inglaterra, onde suscitou un grande interese; ao ano seguinte chegou a Alemaña, e de alí pasou a Francia, onde xurdiron figuras tan importantes como Allan Kardec, gran sistematizador e teórico doutrinal do movemento, e Leon Denis.

Palabras veciñas

espiramicina | espirante | espirilo | espiritismo | espiritista | espírito | Espírito Santo