espiritista

espiritista

(< espírito)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao espiritismo.

  2. s

    Persoa que profesa o espiritismo. Na tradición galega recibe o nome de corpo aberto, e pode referirse tanto á persoa que é posuída polo demo, ou polo espírito dun familiar, como ao médium que pode invocar os espíritos e transmitir as súas mensaxes. Cando o corpo aberto posuído é exorcizado, pasa a recibir o nome de corpo pechado.