Espírito Santo, orde do
Espírito Santo, orde do
[HIST/RELIX]
Orde suprema de cabalería do Reino de Francia, fundada por Enrique III en 1578 coa divisa Duce et aspide. Composta orixinalmente por cen cabaleiros escollidos polo monarca, que tiña o rango de gran mestre, dividíase en tres clases de individuos: grandes oficiais comendadores, oficiais e cabaleiros. Para formar parte dela esixíanse probas de nobreza. Suprimiuse en 1789 pero, trala Revolución Francesa, Luís XVIII confirmouna. Desapareceu despois da Revolución de 1830.