espiritual

espiritual

(< lat spirituāle)

  1. adx
    1. Relativo ou pertence ao espírito.

    2. Que non é material.

  2. adx

    Que ten un carácter relixioso.

    Ex: Acudiu ó seu conselleiro espiritual para aclarar as súas dúbidas de fe.

  3. adx

    Que é delicado ou que revela gran sensibilidade.

  4. s m [RELIX]

    Membro do grupo dos Espirituais.

  5. espiritual negro [MÚS]

    Salmos relixiosos afroamericanos que cantaban os negros cristianizados dos estados do sur dos EE UU no s XIX. Inicialmente baseados na escala pentatónica, propia da África Occidental, sufriron fortes influencias do canto coral luterano e do gregoriano. Adoptaron unha estrutura dual na que un solista canta un verso e é respondido co mesmo texto por un coro. No s XX tiveron unha difusión universal e adquiriron carácter de música de espectáculo en mans de intérpretes como Golden Gate Quartet, Rosetta Tharpe ou Mahalia Jackson.