Espluga de Francolí
Municipio na comarca da Conca de Barberà, Tarragona (3.671 h [1996]). As principais actividades económicas están relacionadas coa industria (química, metalurxia e construción). Na agricultura destacan a viña e as froiteiras. A proximidade ao mosteiro de Poblet deulle unha certa vitalidade turística e comercial. Denominada no medievo Spelunca, tivo as súas orixes no Palelítico Inferior, do que se conserva o xacemento da cova de Mont Major, que en 1994 se converteu en cova museo prehistórica. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa vella de Sant Miquel, medieval, aínda que recontruída trala Terceira Guerra Carlista (1873), o hospital de Sant Joan (s XIV), a fonte de Baix e o edificio da adega cooperativa deseñado polo arquitecto modernista L. Domènech i Montaner.