Esplugas Puig, Antoni

Esplugas Puig, Antoni

Fotógrafo. Fillo dun pintor retratista, iniciouse na pintura e no debuxo. En 1876 abriu o seu primeiro estudo de retratos en Barcelona, co que conseguiu certa popularidade, sobre todo entre a burguesía catalá e os profesionais liberais. As súas fotografías apareceron en numerosos periódicos e revistas de España e de todo o mundo. Ademais dos retratos, dedicouse a fotografar paisaxes, monumentos, arquitecturas, esculturas, pinturas e debuxos que apareceron, os máis deles, en tarxetas postais. Censuraron algunhas das súas fotografías artísticas, marcadas polo erotismo. Recibiu diversos premios nas exposicións universais de Barcelona (1888), París (1889), Londres e Atenas. En 1881 obtivo a Cruz de Isabel la Católica.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Barcelona

  • Deceso