Esplugues de Llobregat

Esplugues de Llobregat

Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado na marxe esquerda do río Llobregat (46.810 h [1996]). A partir dos anos cincuenta, a recuperación da actividade industrial e a inmigración convertérono nun municipio catalán cun alto grao de industrialización; traballa neste sector o 42% da poboación. Os principais sectores son o téxtil, as artes gráficas e os produtos químicos, farmacéuticos e plásticos. Tamén tivo un gran desenvolvemento o sector servicios, mentres que a agricultura apenas ten relevancia. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Santa Magdalena, medieval, e reconstruída no s XVI, o convento de Montsió (s XIV e XV) e a Torre Lleóns, casa do s XVI construída sobre unha vila romana.