Espona Blanco, Xosé
Pintor e escultor. Formou parte do Grupo Sisga, co que expuxo en diversas cidades galegas. A súa obra mostra unha posición deliberadamente ahistórica e unha intencionalidade poética. Entre as súas obras destacan o mural da Praza do Concello de Coristanco, as vidreiras do Museo do Moucho de Cerceda e da igrexa de San Martiño de Rodís, e os panos e as escenografías para a Escola de Danza da Deputación Provincial da Coruña. Con Tim Behrens participou no Parque Escultórico da Torre de Hércules cunha escultura en forma de estanque labiríntico que representa o combate entre Hércules e Xerión, figuras que só se poden observar dende o alto do faro. Realizou exposicións individuais da súa obra en diversas cidades galegas. Participou, entre outras mostras colectivas, no Forum des Arts (Lorient, 1992), Trazos e Camiños (Santiago de Compostela, 1992), Áreas de Silencio (Pontevedra, 1994) e Galicia Terra Única (A Coruña, 1997).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Coruña