2 espora
(
Elemento reprodutor asexual, unicelular ou pluricelular, capaz de experimentar unha adaptación metabólica a condicións desfavorables do medio e de desenvolver, tras un período de repouso, un novo organismo -sen necesidade de fusionarse con ningunha outra célula-, cando estas son favorables. Son propias de plantas, fungos, bacterias e algúns protozoos. As esporas poden ser móbiles, chamadas planósporas, e non flaxeladas, chamadas aplanósporas, que se converteron nun factor eficaz de diseminación nos fungos superiores, briófitos e pteridófitos. As esporas son indispensables para a identificación das especies, sobre todo nos fungos e nos liques. Nas bacterias fórmanse por concentración e deshidratación do citoplasma e por formación dunha membrana resistente.