1 espora

1 espora

(

  1. s f

    Peza de metal, cunha estrela ou cunha pequena roda con puntas, que se coloca na parte posterior do calzado e que serve para aguilloar as cabalerías. Na tradición popular recóllese o seguinte dito: “Cabalo que voa non precisa espora”.

  2. s f

    Estímulo ou acicate para realizar algo.

    Confrontacións: aliciente, incentivo.
  3. espora de cabaleiro [PLANTA]

    Herbácea de porte erecto do xénero Delphinium, da familia das ranunculáceas, de follas fendidas e dispostas de xeito alterno, e flores zigomorfas coa corola prolongada nunha espora. Na Península Ibérica están presentes as especies: Delphinium bolosii, sobre xistos da provincia de Tarragona; Delphinium emarginatum nevadense, nas montañas dende Cazorla ata Sierra Nevada; Delphinium fissum sordidum, O da Península Ibérica e Sierra Mágina; Delphinium gracile, centro e S da Península Ibérica; Delphinium halteratum, en toda a Península; Delphinium montanum, no Pireneo oriental e serra do Cadí; Delphinium nanum, en areas litorais do cadrante SO dende Málaga á Estremadura portuguesa; Delphinium pentagynum, no O central e S da Península; e Delphinium staphisagria, en toda a Península.

Palabras veciñas

esponxoso -sa | Espoo | espor(i/o)- | 1 espora | 2 espora | Espora de Ouro, orde da | esporada