incentivo

incentivo

(

  1. s m

    Estímulo que anima a facer algo ou a facelo de xeito mellor ou máis rápido.

    Ex: Ofreceulle ir ó circo como incentivo para que o axudase.

    Sinónimos: acicate, aliciente. Confrontacións: aguilloada.
  2. s m [ECON]

    Estímulo de orde material ou moral dirixido aos diferentes axentes para interesalos na promoción ou boa marcha dos procesos económicos. Dentro do sistema capitalista o incentivo fundamental é a obtención de beneficios, pero o estado pode influír mediante outros incentivos de tipo fiscal e monetario. Para aguilloar os traballadores utilízanse incentivos como primas á produción, participación nas ganancias, así como o sistema de comisión. Os incentivos de carácter moral empregáronse especialmente en situacións de guerra ou revolución.

Palabras veciñas

incenso | incensurable | incentivar | incentivo | incentro | incerteza | incerto -ta