incerteza
incerteza
(< 1 in-+ certeza)
-
s
f
Calidade de incerto.
Ex: Verificou a incerteza da información.
Sinónimos: falsidade. Antónimos: certeza. -
s
f
Estado de quen se atopa inseguro.
Ex: Vive nunha continua incerteza. Preocúpalle a incerteza da súa continuidade no posto.
Sinónimos: inseguridade. Antónimos: certeza. -
principio de incerteza
[FÍS]
Principio enunciado por W. Heisenberg segundo o que é imposible medir exacta e simultaneamente a posición e a velocidade dunha partícula; isto débese a que cada partícua leva asociada cadansúa onda. É un dos principios fundamentais da mecánica cuántica e recibe tamén a denominación de principio de indeterminación.
Formas incorrectas
incertidumeRefráns
- Cada día que pasa, sabemos o que pasou e non sabemos o que pasará.
- De aquí a alá sabe Deus o que será.
- Mándame o meu amo, mándame a miña ama e non sei ben cal mandado faga.
- Ninguén é adiviño do mal que está veciño. {R
- O comido é o seguro, que o que comido non está sabe Deus quen o comerá.
- O día de mañá ninguén o viu nin o verá.
- Pedra movediza nunca musgo cría.
- Sabe un ao que chegou e non sabe ao que chegará.
- Se vas tras do dubidoso, pódeste ver sen o certo.