incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca, O

incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca, O

Obra dramática de Álvaro Cunqueiro, escrita no ano 1958. O Hamlet de Álvaro Cunqueiro remite á traxedia da vinganza (revenge tragedy) de W. Shakespeare, pero incorpora ingredientes edípicos e elementos típicos do teatro do s XX. Dunha textura erudita e mítica, profundamente lírica, a peza presenta como novidade no asunto hamletiano o descubrimento da verdadeira paternidade de Hamlet, verificada a través da técnica do teatro dentro do teatro, técnica que xa estaba presente na peza de Shakespeare. Pesimista, tráxica e existencialista, a obra acaba sendo unha grave e reiterativa interrogación sobre a existencia humana, e dentro dese universo, sobre o sentido e a esencia do amor. O 31 de agosto de 1959 foi estreada baixo a dirección de Antón Naveyra, polo grupo Teatro de Cámara da Asociación Cultural Iberoamericana no Teatro Colón da Coruña. En 1991 o Centro Dramático Galego, coa dirección de Ricard Salvat, promoveu a primeira representación profesional.

Palabras veciñas

incentro | incerteza | incerto -ta | incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca, O | incesable | incesante | incesto