incesto

incesto

(

s m [DER]

Relación sexual mantida entre irmáns ou ascendentes e descendentes directos. O incesto, considerado delito pola práctica totalidade dos códigos, foi obxecto de moita controversia con respecto á súa punibilidade. Cualifícase coa máxima penalización nas disposicións do dereito canónico; as consideracións morais derivadas del favoreceron, entre outras cousas, a crenza de que a unión incestuosa enxendra descendentes dexenerados. A antropoloxía social demostrou que o único tabú universal respecto ás relacións incestuosas é o que prohibe as relacións nai-fillo.