incenso

incenso

(< lat incensu)

  1. s m [BOT]

    Gomorresina aromática que se extrae das árbores da familia das burseráceas, de forte arrecendo. O costume, practicado en diversas relixións, de queimar incenso e outras substancias aromáticas introduciuse nas cerimonias funerarias para contrarrestrar o cheiro dos cadáveres. Tamén se explica o seu uso nalgúns cultos polos efectos alucinóxenos de certos fumes. No xudaísmo e no cristianismo sirio tiña un sentido sacramental e purificador, e ofrecíase na liturxia da mañá e das vésperas.

  2. s m

    Gabanza esaxerada a alguén.

Palabras veciñas

incendio | incensar | incensario | incenso | incensurable | incentivar | incentivo