esquemático -ca
(
-
adx
Relativo ou pertencente ao esquema.
-
adx
Que interpreta algo só atendendo ás súas liñas esenciais.
Ex: Fixo unha descrición esquemática do proceso.
-
arte esquemática
[ARTE]
Denominación coa que se coñece o conxunto de pinturas e gravados rupestres da Península Ibérica datados entre o VI e o V milenio a C, entre as secuencias culturais do Neolítico e da Idade do Bronce. Coexisten coas primeiras formas arquitectónicas do megalitismo. As pinturas caracterízanse polo emprego das tintas planas, dos trazos monocromos (vermellos, ocres, negros e brancos) e continuos, da abstracción, e dos esquemas lineais das figuras. Representan animais (aves, cuadrúpedes, peixes e ofidios) e signos e símbolos de diferentes formas. Destacan, entre outras, as conservadas en Tajo de las Figuras (Cádiz) e Las Batuecas (Salamanca). Os gravados caracterízanse pola liña esquemática das figuras representadas e localízanse na área occidental da Península. Destacan, entre outros, os de Atapuerca e Pedra das Ferraduras.