esqueleto
(
-
s
m
-
[ANAT]
Conxunto de pezas duras e resistentes que protexen as partes brandas do corpo dalgúns animais e lles serven de soporte. Hai dous tipos fundamentais de esqueletos: o interno ou endoesqueleto e o externo ou exoesqueleto. Entre os principais exoesqueletos destacan os dalgúns protozoos, como os dos froaminíferos, radiolarios e amébidos, con cuncha, formados por carbonato de calcio, sílice e distintos materiais, respectivamente; os dos corais ou outros cnidarios coloniais, de soporte e protección; a cuncha dos moluscos que serve case exclusivamente de protección; e o dos artrópodos, composto por unha serie de placas independentes e articuladas que cobren todo o corpo e lles confiren unha gran mobilidade. Tamén se atopan exoesqueletos en distintos peixes, como o cabaliño de mar ou as agullas, nos réptiles quelonios e crocodilos e nalgúns mamíferos, como o armadillo. O endoesqueleto atópase nalgúns protozoos rizópodos e forma o soporte interno dos poríferos ou esponxas, nos que está formado por espículas calcarias ou silícicas ou por esponxina, e dalgúns cnidarios antozoos. Nos equinodermos o endoesqueleto, que está recuberto só por unha fina cutícula, está formado por un conxunto de placas independentes, que son fixas nos ourizos de mar, reducidas a pequenos grans nas holoturias, ou articuladas e inmóbiles no resto. Nos cefalocordados o esqueleto está formado pola notocorda, eixe fibroso que se estende ao longo de todo o corpo, dorsalmente respecto ao tubo dixestivo e ventralmente respecto ao cordón nervioso. Nos vertebrados o esqueleto interno óseo ou cartilaxinoso está formado pola columna vertebral, eixe dorsal que ocupa o lugar da notocorda, polo cranio, caixa cefálica que envolve os centros encefálicos, polo ósos dos membros, que os aguanta, e polas cinturas pelviana e pectoral, que une os ósos dos membros á columna vertebral. A partir dos réptiles preséntase tamén unha caixa torácica, formada polas costelas e o esterno, que protexe os pulmóns e o corazón.
-
Conxunto de ósos dun vertebrado morto.
-
[ANAT]
-
s
m
Persoa que está extremadamente delgada.
-
s
m
-
Estrutura ou parte interna de algo.
Ex: O esqueleto do armario está picado pola couza.
-
Estrutura interna dun edificio.
-
-
s
m
Esquema ou bosquexo previo que se fai de algo.
Ex: Só fixen o esqueleto do debuxo.
Sinónimos: esbozo. -
s
m
[BOT]
Nervadura foliar que resta unha vez destruído o mesofilo e as epidermes por descomposición.
-
s
m
[XEOL]
Elementos da rocha nai non transformados que se localizan nun solo. Os solos ricos neles denomínanse solos esqueléticos.