esquerda

esquerda

(< esquerdo)

  1. s f

    Lado oposto ao dereito.

    Ex: A miña casa queda á esquerda do camiño.

    Sinónimos: sinistra. Antónimos: dereita, destra.
  2. s f

    Man ou perna esquerda.

    Ex: Colleu a culler coa esquerda para comer.

    Sinónimos: sinistra. Antónimos: dereita, destra.
  3. s f [POLÍT]

    Sector dunha asemblea política situada á esquerda do presidente e formado tradicionalmente polos representantes dos partidos progresistas. O termo aplícase a aquela política, ideoloxía ou partido de tendencia progresista, cunha maior incidencia nas cuestións sociais e máis sensibilizado ante as demandas dos grupos máis desprotexidos. A orixe do termo alude ao lugar físico que ocupaban os grupos políticos na Estados Xerais (1789) durante a Revolución Francesa, á dereita os conservadores e á esquerda os progresistas. A ideoloxía de esquerdas fundaméntase nas liberdades e na igualdade social; a corrente marxista engadiu factores como a necesidade da acción social e a práctica revolucionaria.

Frases feitas

  • De esquerda/esquerdas. De ideas progresistas.