esquimó
(< ingl eskimo)
-
adx
Relativo ou pertencente aos esquimós ou á súa lingua.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo esquimó.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo que habita nas rexións árticas, disperso polos sectores máis setentrionais de América do N e polo O de Groenlandia. Recibiron o nome de esquimós, ‘comedores de carne crúa’, das tribos indias veciñas, pero eles denomínanse a si mesmos inuits, que significa ‘homes’ ou ‘persoas’. Distribúense en pequenas comunidades, formadas por grupos de 50 a 500 individuos, organizadas ao redor da familia que, xunto coa comunidade, xulgan as cuestións conflitivas. Maioritariamente nómades, trasládanse empregando zorras arrastradas por cans e embarcacións de pel de foca. Viven da pesca e da caza (caribús, osos brancos, focas e lebres do ártico), para o que empregan o arco, as frechas e os arpóns. Coas peles que obteñen da caza confeccionan as súas roupas. Naquelas rexións onde localizan madeira, utilízana na construción das súas vivendas e onde non existe empregan placas de lousa, recubertas de turba ou neve. Ademais, durante as expedicións de caza constrúen, con anacos de xeo, cabanas cupulares denominadas iglús. A súa relixión baséase no animismo e acepta a existencia de espíritos de todas as clases, que son dominados pola maxia dos bruxos. Son escultores e realizan pequenas tallas, nas que representan animais e homes en ósos de foca e no marfil dos cabeiros das morsas.
-
s
m
[LING]
Familia que pertence ao phylum esquimó-aleutiano e que comprende o inuit e o iupik. É unha lingua polisintética.
-
can esquimó
[ZOOL]
Can de gran talle, entre 65 e 80 cm, caracterizado polo seu pelame denso e bastante longo en todo o corpo, agás no fociño. A súa coloración, moi variada, pode ser branca, negra ou castaña. Viven sobre todo no N de Eurasia e de América, e utilízanse como animais de tiro para as zorras.