Esquivias
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, na marxe dereita do río Jarama (3.770 h [1996]). A base da súa economía é a industria, especialmente a relacionada coa produción de cerámica e materiais de construción. Tamén son importantes a agricultura de secaño e a gandería. De orixe paleolítica, os primeiros documentos que se conservan sobre a cidade proceden da Idade Media, cando foi recuperada para a Coroa de Castela. Durante a Guerra das Comunidades foi a derradeira das cidades castelás en renderse ante as tropas de Carlos V. Do seu patrimonio cultural destacan as ermidas de San Roque e Santa Bárbara, a casa onde viviu Miguel de Cervantes, o convento dos Capuchinos (s XVIII), a igrexa parroquial da Nuestra Señora de la Asunción e a fonte de Carlos IV.