Essaouira

Essaouira

Capital da provincia homónima, situada na costa atlántica de Marrocos (42.035 h [1982]). Importante centro comercial e turístico. Fundada polos fenicios no s VII a C, foi coñecida ata o s XVI co nome árabe de Al-Mogdūl. En 1506 os portugueses construíron alí a primeira fortificación portuguesa no N de África e en 1765 reconstruíuna o monarca alauita Sidi Mohammed Ben Abdellah segundo os deseños do arquitecto francés T. Cornut. Do seu patrimonio cultural destacan o porto de Mogador, a antiga cidadela, o barrio de Qasbah e a medina (ss XIX-XX).