Essen

Essen

Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, na marxe dereita do Rin (599.515 h [2000]). É un importante nó ferroviario e núcleo industrial. Destaca a fabricación de maquinaria, vidro, materiais de construción e a produción de ferro e aceiro. Tamén é un centro comercial que se beneficia dunha boa rede de comunicacións. Cruzamento de camiños, foi desde a Idade Media ata mediados do s XIX un pequeno estado imperial dirixido polos abades do mosteiro beneditino construído na vila no s IX. A cidade desenvolveuse economicamente durante o s XIX, cando se converteu na sede das industrias do aceiro Krupp. Durante a Segunda Guerra Mundial foi practicamente destruída. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral románica. O complexo industrial da mina de carbón de Zollverein foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2001.