estabilización

estabilización

(< estabilizar)

  1. s f

    Acción e efecto de estabilizar ou estabilizarse.

  2. s f [ECON]

    Aplicación de medidas de política económica para evitar desaxustes graves nas magnitudes económicas. As medidas máis aplicadas son as de tipo monetario, pero pódense exercer tamén controis directos sobre o investimento, o consumo, a ocupación, o comercio exterior, e fiscais para superar os desequilibrios tanto por exceso como por defecto. Trala Segunda Guerra Mundial, a maioría dos gobernos aplicaron plans de estabilización para frear os procesos de inflación e deflación acumulativos inherentes ao desenvolvemento.

  3. s f [MED]

    Proceso que se realiza para inactivar os fermentos que hai nas raíces e nas follas das plantas medicinais e que, durante o tempo de desecamento destas, poderían descompoñer os seus principios activos.

  4. s f [QUÍM]

    Operación que se realiza para eliminar a posibilidade de descomposición dunha mestura ou dun composto, mediante a adición dunha substancia chamada estabilizador.

Palabras veciñas

Est | Est | estabilidade | estabilización | estabilizador -ra | estabilizante | estabilizar