estabilidade

estabilidade

(

  1. s f

    Calidade de estable.

    Antónimos: inestabilidade.
  2. s f [FÍS]

    Propiedade dun corpo en flotación de volver á súa posición de equilibrio cando se separou desta por unha causa externa. A estabilidade dun corpo depende da posición relativa do centro de flotación respecto ao centro de gravidade e da distancia que os separa.

  3. s f [FÍS]

    Facultade dun sistema material de manterse en equilibrio ou de volver ao estado de equilibrio cando actúan forzas sobre el que tenden a afastalo deste equilibrio.

  4. s f [AERON]

    Tendencia dunha aeronave a recobrar unha condición de voo despois de experimentar unha perturbación que o afastou desa condición.

  5. s f [QUÍM]
    1. Calidade dunha substancia de conservar as súas propiedades no tempo cando está sometida a condicións máis ou menos desfavorables.

    2. Calidade dunha substancia de resistirse a reaccionar con outra ou a descompoñerse e conservar a súa estrutura química.

  6. s f [ALIM]

    Período de tempo durante o que un alimento mantén unhas calidades satisfactorias. A estabilidade dun alimento depende dos seus compoñentes, do proceso de elaboración, do tipo de envasado, da súa almacenaxe (temperatura, tempo, humidade) e do transporte. En función da súa estabilidade, os alimentos clasifícanse en perecedoiros (vida útil de 2 a 30 días: leite e derivados, pan, carne, peixe, froita e verdura), semiperecedoiros (vida útil de 30 a 90 días: algúns queixos, xeados, alimentos en salmoira ou confeitados), e de longa duración (vida útil de 90 días a 3 anos: conservas, alimentos conxelados, desecados ou liofilizados, legumes ou froitas secas, cereais ou café).

  7. s f [QUÍM]

    Resistencia dunha substancia explosiva a experimentar unha deflagración ou unha explosión espontánea, debido a un aumento da presión ou da temperatura, ou aos efectos dos produtos da descomposición do mesmo explosivo.

  8. s f [METEOR]

    Superposición regular das capas atmosféricas en orde decrecente de densidade.

  9. s f [ECON]

    Situación dun sistema económico no que as condicións de equilibrio son consistentes, sen tensións inflacionistas, e están controlados o desemprego e o índice xeral de prezos.

Palabras veciñas

Est | Est | Est | estabilidade | estabilización | estabilizador -ra | estabilizante