Estaca, La
Estaca, La
Publicación aparecida en Santiago de Compostela o 1 de agosto de 1901. Subtitulouse “Semanario independiente que pegará los domingos”. Inicialmente, o seu propietario e director foi Bonifacio Suárez Pereira, a quen substituíu Manuel de Pedre. Malia que lle solicitou repetidamente ao Concello de Santiago o permiso para a súa publicación, nos primeiros meses tivo que editarse clandestinamente.