Estampa Popular

Estampa Popular

Nome que adoptaron distintos grupos de artistas formados nos anos sesenta en Madrid, Córdoba, Barcelona, València, Bilbao e Sevilla. Defendían unha arte comprometida social e politicamente. O grupo madrileño formouse en 1959 baixo a dirección de José Ortega (1921-1990) e disolveuse en 1963. Ao grupo de Barcelona pertenceron E. Boix, M. Girona, J. Guinovart e Rafols-Casamada. O máis relevante foi o grupo valenciano, creado cara ao ano 1963 e formado, entre outros, por J. A. Toledo, C. Mensa, R. Martí Quinto, R. Solbes, M. Valdés, Anzo, J. Ballester e J. Cardells. Nas súas propostas empregaron a ironía e as imaxes aparentemente estereotipadas, e uniron o realismo e a imaxinación satírica. Disolveuse cara a 1966, pero del xurdiron o Equipo Crónica e o Equipo Realidad.

Palabras veciñas

estaminífero -ra | estaminodio | estampa | Estampa Popular | estampado -da | estampador -ra | estampadora