estancamento

estancamento

(< estancar)

  1. s m

    Acción e efecto de estancar ou estancarse.

  2. s m [ECON]

    Situación prolongada dunha economía en que o crecemento do produto total ou por habitante é moi pequeno, inexistente ou negativo. Pode afectar a unha industria, a un sector ou a unha economía considerada globalmente. Neste último caso pódese falar de diferentes situacións de estancamento, entre outros, o que se dá nas diferentes fases do ciclo económico nas economías industriais e o producido nos países pobres e subdesenvolvidos, onde a escaseza de medios de produción e a organización económica e social tradicional manteñen a economía estabilizada en baixos niveis de renda. Pode tamén estar provocado por causas externas, como as guerras ou a inestabilidade política.

Palabras veciñas

estañadura | 1 estañar | 2 estañar | estancamento | estancar | estancia | estanco -ca