Estaquería, La
Estaquería, La
Xacemento arqueolóxico situado en Perú, pertencente á cultura nazca. Conserva unha estrutura formada por troncos de huarangos situados sobre unha plataforma de adobe que constitúen un cadrado. Componse de doce columnas de troncos formadas cada unha por vinte estacas. Crese que foi antigamente un observatorio astronómico.