Estaribel
Estaribel
Publicación en galego aparecida en Santiago de Compostela en xaneiro de 1987. Subtitulouse “Revista do espectáculo”. Editada polo Sindicato Galego de Música-Federación do Espectáculo de CC OO, na súa coordinación participou Xosé Ramón Santomil. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Velograf. Trátase do voceiro do sector de CC OO e incluíu novas sindicais, estreas, discografía e artigos sobre educación musical.