Este, Villa d’

Este, Villa d’

ila situada no S de Tivoli. Ippolito d’Este, cardeal de Ferrara e gobernador de Tivoli, encargoulle a Pirro Ligorio a transformación dun antigo convento beneditino nun palacio renacentista (1549-1551). O interior decorárono artistas manieristas, entre os que destacan, Girolamo, Muziano e os Zucari. O xardín, de tipo escenográfico, elévase sobre terrazas simétricas e adórnase con xogos de auga, covas e estatuas. A UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade en 2001.

Palabras veciñas

este -ta | este -ta | Este ou Estense | Este, Villa d’ | esteada | 1 estear | 2 estear