Esteiro

Esteiro

Enseada do litoral do concello de Malpica de Bergantiños, que se abre entre a Punta Cherpa, ao O, na parroquia de Barizo, e a Punta Galiana, ao L, na parroquia de Vilanova de Santiso. No fondo da enseada está a praia de Esteiro (na parroquia de Barizo), formada na beira occidental da desembocadura do río de Esteiro, que lles serve de límite ás dúas parroquias.