Temas

Merexo

Enseada da ribeira esquerda da ría de Camariñas, comprendida entre as puntas de Merexo e O Corpiño e situada na parroquia de San Martiño de Ozón (Muxía).

Más >
Castiñeira

Enseada e praia da beira occidental da península do Grove, no litoral da parroquia de San Vicente do Grove, concello do Grove, comprendida entre as puntas de Pateiro, ao N, e de Borreiro, ao S.

Más >
Muxía, enseada de

Pequena enseada da ría de Camariñas que está situada entre as puntas da Barca e O Corpiño, na parroquia e concello de Muxía.

Más >
Barda, A

Enseada da Costa da Morte, situada entre as parroquias de Corme Aldea e Niñóns, no concello de Ponteceso.

Más >
Piñeiro, O

Enseada da ribeira esquerda da ría de Vigo, situada na parroquia de Arcade (Soutomaior).

Más >
Caniveliñas

Enseada da beira occidental da illa de Ons, na parroquia da Illa de Ons (concello de Bueu).

Más >
Covas

Enseada do litoral setentrional da parroquia de Covas, situada no concello de Ferrol, ao L do cabo Prior e ao O da punta de Santa Comba. No seu fondo orixinouse a praia de Santa Comba ou de Covas.

Más >
Rada de Cariño

Enseada situada na ría de Ortigueira, ao S de punta Castro, na parroquia da Pedra (Cariño).

Más >
Esteiro

Enseada do litoral do concello de Malpica de Bergantiños, que se abre entre a Punta Cherpa, ao O, na parroquia de Barizo, e a Punta Galiana, ao L, na parroquia de Vilanova de Santiso. No fondo da enseada está a praia de Esteiro (na parroquia de Barizo), formada na beira occidental da desembocadura do río de Esteiro, que lles serve de límite ás dúas parroquias.

Más >
Loading