Esteiro

Esteiro

Enseada do fondo da ría de Cedeira, entre as parroquias de Esteiro (concello de Cedeira) e Vilarrube (Valdoviño). Alimentada por tres ríos (de N a S o Gumil, o de San Miguel e o Porto do Cabo), constitúen un complexo sistema intermareal. Coa marea baixa, a enseada queda reducida a unha marisma sucada pola canle do río Porto do Cabo. Ao NO, a barra areosa da praia de Vilarrube, froito da sedimentación da enseada e do río Loira, situado no seu extremo occidental, pecha o sistema e deixa só unha estreita canle de desaugue do río Porto do Cabo.