Estepona

Estepona

Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, á beira do Mar Mediterráneo, no sector denominado Costa del Sol (37.557 h [1996]). Importante núcleo comercial, nos últimos anos converteuse nun destacado centro turístico. Tamén ten certa actividade industrial, principalmente nos sectores químico, conserveiro e alimentario. De orixe incerta, estivo ocupada polos árabes ata 1456, data en que foi conquistada por Enrique IV de Castela. Do seu patrimonio cultural destacan as torres vixías, os restos do castelo árabe de El Nicio e a igrexa de Nuestra Señora de los Remedios (s XVIII).