estereoisomería

estereoisomería

(

s f [QUÍM]

Tipo de isomería que presentan os compostos que teñen os mesmos átomos unidos entre eles na mesma orde, pero que difiren na súa disposición espacial, é dicir, na configuración. Subdivídese en isomería óptica e isomería xeométrica. Esta diferenza de configuración, nun átomo de carbono saturado, é posible porque as súas valencias se dirixen cara aos catro vértices dun tetraedro que ten o centro ocupado polo átomo de carbono, e ten lugar cando os catro átomos ou grupo de átomos enlazados co carbono central son diferentes, xa que existen dúas maneiras posibles de distribuílos. As dúas configuracións que resultan son a imaxe especular unha da outra; os compostos resultantes denomínanse estereoisómeros. Xeralmente, na natureza existe soamente un dos posibles estereoisómeros e, moitas veces, mentres un é farmacoloxicamente activo, o outro non o é. Tamén recibe o nome de isomería estérica.