estereotipo
estereotipo
(< estereotipia)
-
s
m
[GRÁF]
Prancha de metal tipográfica obtida cun molde, que é a prancha dunha ou máis planas compostas por caracteres móbiles.
-
s
m
[SOCIOL]
Idea, modelo ou imaxe aceptada comunmente por un grupo ou sociedade con carácter fixo e inmutable e que se obtén a partir das normas ou dos patróns culturais previamente establecidos.
Confrontacións: clixé. -
s
m
[ESPECT]
Concepción tópica, banal ou estática dun personaxe, dun conflito ou dunha acción, que desembocan no tipismo, na trivialización ou na repetición. Hai algunhas correntes e escolas que basean a súa esencia na codificación estrita da acción, do personaxe, do vestiario, do movemento, das situacións, dos conflitos e mesmo das temáticas, como acontece coa commedia dell’arte ou con diversos xéneros propios do teatro oriental.