clixé

clixé

(< fr cliché)

  1. s m
    1. [GRÁF]

      Prancha de metal, caucho, plástico ou doutro material moldeable ou susceptible de ser gravado, onde hai reproducida, en recheo, unha composición, unha imaxe, etc, destinada á impresión tipográfica, ao fotogravado, etc.

    2. [GRÁF]

      Molde que serve de modelo na impresión serigráfica.

    3. [FILAT]

      Deseño do selo sobre aceiro, cobre, pedra ou caucho para logo imprimir.

  2. s m [IMAX]

    Primeira imaxe que se obtén ao facer unha fotografía, na que os tons escuros e claros se opoñen aos da realidade fotografada.

  3. s m [LING]

    Expresión xurdida dun desvío estilístico en relación coa norma, que, debido ao seu uso frecuente, perde os seus valores significativos e se converte nun discurso estereotipado e pouco evocador. Estruturalmente é unha unidade lingüística que equivale a unha palabra pola súa facilidade de distribución e substitución no discurso. O seu valor estilístico é o dunha cita, na medida en que fai referencia ao texto no que inicialmente puido resultar sorprendente. Pode empregarse como procedemento mimético que permite situar a un personaxe nunhas determinadas coordenadas socioculturais, como elemento que incrementa o grao de verosimilitude do discurso, coñecida por todos debido ao seu carácter de linguaxe familiar, ou cunha función irónica.

    Sinónimos: estereotipo.

Formas incorrectas

cliché

Palabras veciñas

clivaxe | Clive, Robert | Clivia | clixé | cloaca | Cloaca Maxima | cloacal