cloaca
(< lat cloāca)
-
s
f
-
[CONSTR]
Conduto subterráneo para recoller as augas pluviais ou fecais das rúas e dos edificios dunha poboación e conducilas á rede xeral de saneamento ou, nos lugares sen urbanizar, a unha fosa séptica. A cloaca, elemento básico na infraestrutura dunha poboación, empregouse por primeira vez na Roma dos Tarquino. Despois dun longo período, volveron aparecer a moi pequena escala no s XII, e foi xa no s XVIII cando comezou a xeneralizarse este sistema de saneamento nas cidades.
Sinónimos: sumidoiro. -
[CONSTR]
Depósito que recolle as augas e os residuos fecais dunha poboación.
-
Lugar sucio que provoca noxo.
-
[CONSTR]
-
s
f
[ZOOL]
Orificio de orixe ecto-endodérmica onde desembocan o recto e os condutos urinarios e xenitais. É característico dos anfibios, dos réptiles, das aves e dos mamíferos monotremas. En certos invertebrados, é a parte terminal do tubo dixestivo que serve tamén como vía respiratoria, excretora e reprodutora.