esternoptíquido -da
-
adx
Relativo ou pertencente aos esternoptíquidos.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe da familia dos esternoptíquidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT]
Familia de peixes abisais peláxicos ou batipeláxicos, de corpo moi comprimido e coloración xeralmente prateada, quilla abdominal, aleta dorsal cunha lámina espiñenta e aleta adiposa bastante longa e moi baixa. A boca está fendida case verticalmente e ten maxilares provistos de grandes dentes; algunhas especies poden abrir a boca de xeito particular ao levantar a cabeza respecto á columna vertebral grazas a unhas vértebras especiais presentes no pescozo. Esta adaptación sérvelles para aproveitar un maior rango no tamaño das eventuais presas coas que teñen contacto nas grandes profundidades nas que adoitan vivir. Son peixes depredadores que realizan migracións na columna de auga en función da hora do día en que estean, máis preto da superficie durante a noite. Aínda que resultan frecuentes non teñen interese económico. Reciben a denominación popular de peixes machada.