esteroide
esteroide
(
adx e s
[BIOQ]
Aplícase a cada un dos compoñentes do grupo de substancias naturais que conteñen o esqueleto fundamental do ciclopentanperhidrofenantreno, no que existen fixadas unha ou varias cadeas laterais ou unhas cantas. O núcleo esteroide fórmase por tres ciclos de ciclohexano e un ciclo de ciclopentano. Os esteroides clasifícanse en esterois (colesterol, D7-deshidrocolesterol, ergosterol), ácidos biliares (ácido cólico) e hormonas (proxesterona, cortisona, cortisol, testosterona, estradiol).